Usted está aquí: Novas 2017 Novas 2016 e 2015

01/04/16

CALENDARIO DE COMPETICIÓNS SOCIAIS E OPEN DO CLUB PARA 2016

Sociais
Social salmónidos Lance: 10 de Abril no Couto de Ribadavia. Convocatoria e Bases [89 KB]
Social Salmónidos Mosca: 17 de Abril no Couto do Barbantiño. ¡ Aplazado !
Social de Auga Doce: 2 de Xullo no Encoro de Albarellos. Convocatoria e Bases [91 KB]

Open
XX Concurso de Pesca do Ribeiro - Trofeo Infantil e Xuvenil Jesús Martínez "Suso": 5 de Xuño nas zonas libres dos rios Avia e Miño e no Tramo libre de pesca sen morte de Ribadavia.

08/02/16

VACACIÓNS DE PESCA 2016 DA ESCOLA DE ALONSO

Programa fin de semana de pesca en Pazos de Arenteiro (Rios Avia e Arenteiro) [5.084 KB]

05/08/15

RECORDO DA A.D. NATURAL PARA O SOCIO ADOLFO GONZALEZ CID FALECIDO O PASADO 29 DE XULLO

Fai uns días que nos enteramos de forma inesperada e repentina do falecemento do socio do club Adolfo González polo que dende aqui queremos trasladarlle o noso pesar a súa esposa e resto da familia e compartir con todos o recordo da súa figura.

A Adolfo González

5/05/15

BOS RESULTADOS PARA A A.D. NATURAL NO PROVINCIAL DE LANCE DISPUTADO O PASADO DOMINGO 3 DE MAIO NO RIO XARES: GABRIEL FERNÁNDEZ CONSIGUE O 2º POSTO MENTRES QUE ESTEBAN ALARCÓN FOI 5º E RAMON VILLAR 6º

- O rio Xares no couto de A Veiga puxo as cousas díficiles os 14 pescos da provincia que trataron de capturar as súas pintonas.
- O campeón foi Oscar Rodriguez do APD Librea, seguido do noso presidente Gabriel Fernández sendo os únicos que conseguiron puntuar nas dúas mangas, de maña e de tarde. O terceiro posto foi para Ramón González Fábrega de Baños de Molgas gracias o 1º posto conseguido na manga de maña ainda que pola tarde non puntuou.
- O máis novo representante do noso club Esteban Alarcón conseguiu o 5º posto polo que se clasificou para o campeonato autonómico e Ramón Villar foi sexto polo que queda de reserva en caso de que falle algún dos 5 primeiros clasificados.
- Tamén participou o compañeiro Roi Juan López pero nesta ocasión non coseguia puntuar.

¡Noraboa a todos e sorte para o autonómico!

CLASIFICACIÓN [160 KB]

FOTOS PROVINCIAL LANCE 2015

22/04/15

O NOSO CLUB CELEBROU O DOMINGO 5 DE ABRIL OS CAMPIONATOS SOCIAIS DE SALMÓNIDOS NAS MODALIDADES DE LANCE E MOSCA

- A competición disputouse no TLPSM do Rio Avia en Pazos de Arenteiro
- A modalidade de lance disputouse pola maña e a de mosca pola tarde, participanto 12 e 8 socios respectivamente
- Foi a primeira vez que se disputou social da modalidade de mosca.
- As capturas foron escasas, pero o importante foi o bo ambiente.
- Participaron 2 socios de categoria infantil, Miguel Corcobado e Alex Bardelás e o xuvenil Esteban Alarcon iniciandose asi en competición.

CLASICFICACION LANCE
1º Roi Juan López, 2 capturas
2º Guillermo Piñeiro, 1 captura
3º Gabriel Fernández, 1 captura

CLASIFICACIÓN MOSCA
1º Gabriel Fernández, 6 capturas
2º Alex Bardelás, 1 captura
3º Miguel Corcobado, 1 captura

FOTOS SOCIAIS LANCE E MOSCA 2015

22/02/15

A ASAMBLEA XERAL DE SOCIOS APROBOU O CALENDARIO DE COMPETICIÓNS SOCIAIS E OPEN DA A.D. NATURAL PARA 2015.

Onte 21 de Febreiro na A.D. Natural de Ribadavia celebramos a Asamblea Xeral Ordinaria de socios na cal entre outras cuestións aprobamos o calendario de competicións Sociais e Open que organizaremos no 2015 e que se detallan a continuación:

SOCIAIS
- Salmónidos Lance e Mosca:
Domingo 5 de Abril nos TLPSM do Rio Avia. Pola maña Lance e pola tarde Mosca.
Reserva: Domingo 12 de Abril nos TLPSM do Rio Avia.
- Mar-Costa: Sábado 11 de Abril pola tarde na praia de Raeiros (O Grove)
- Auga Doce: Sábado 30 de Maio pola tarde no paseo Fluvial de Barbantes. Encoro de Castrelo de Miño.
Reserva: Sábado 6 de Xuño pola tarde no paseo Fluvial de Barbantes. Encoro de Castrelo de Miño.

OPEN
- XIX Concurso de Pesca do Ribeiro – Memorial Jesús Martínez:

28 de Xuño ou 12 de Xullo nas zonas libres dos rios Avia e Miño
- III Open de Auga Doce e VII Open de Carpa do Ribeiro:
6 de Setembro no encoro de Castrelo de Miño. ¡Aplazado!