14/02/2012
XORNADAS DE PESCA SEN MORTE / Fin de semana do 10 e 11 de Marzo
Desde a Concellería de Educación do Concello de Ourense organízanse unhas xornadas infantís de pesca sen morte na Aula da natureza do río Miño.
Descrición:
Conxunto de charlas nas que se explicará a teoría, o material necesario, as distintas técnicas de pesca, os distintos cebos, ... para pasar logo a realizar as prácticas de pesca.
Obxectivos:
Converterse nun pescador responsable, respectar as medidas.
Concienciarse de que os peixes pequenos deben retornar ao río.
Programa do curso:
Sábado 10 de marzo de 2012 de 10:00 a 13:00
Modulo de coñecemento e conservación do medio acuático incluirá os seguintes aspectos:
Ecosistemas acuáticos de interese para o pescador. O medio físico e biótico. Principais ecosistemas acuáticos existentes en Galicia.
Os peixes de Galicia. Os peixes do Miño.
A vexetación acuática e a vexetación de ribeira.
Problemas de conservación dos ríos.
A normativa de pesca.
Requisitos para a pesca. Licenza e permisos. As autoridades implicadas na vixilancia do medio acuático.
Necesidade da pesca recreativa sostible. Actitude do pescador responsable.
A necesidade da pesca sen morte nalgúns tramos. Outros usuarios do río.
Os diferentes tramos da pesca: augas libres, coutos, vedados, escenarios deportivo-sociais, tramos libres e morte, augas en réxime especial.
Sábado 10 de marzo do 2012 de 16:00 a 19:00
Módulo de aprendizaxe e práctica da pesca incluirá os seguintes aspectos:
Modalidades de pesca.
Artes de pesca cebos, aparellos e reclamos
A cana e as súas partes. Tipos de cana. Medios auxiliares
Indumentaria e útiles do pescador .
Comportamento do pescador. Medidas de seguridade propias e sen relación con outros usuarios do medio acuático e o seu contorno.
Prácticas de lanzado.
A técnica de pesca sen morte.
Prácticas de pesca en estanque de iniciación.
Montaxe de moscas artificiais para pesca.
Prácticas de pesca nun tramo do río Miño.
Domingo 11 de marzo do 2012 de 10:00 a 13:00
Módulo de aprendizaxe e práctica da pesca incluirá os seguintes aspectos:
Modalidades de pesca.
Artes de pesca cebos, aparellos e reclamos.
A cana e as súas partes. Tipos de cana. Medios auxiliares.
Indumentaria e útiles do pescador .
Comportamento do pescador. Medidas de seguridade propias e sen relación con outros usuarios do medio acuático e o seu contorno.
Prácticas de lanzado.
A técnica de pesca sen morte.
Prácticas de pesca en estanque de iniciación.
Montaxe de moscas artificiais para pesca.
Prácticas de pesca sen morte na piscina de Oira.
Lugar: Aula da Natureza do río Miño e pisciana de Oira no Paseo fluvial de Oira
Dirixido: Nenos/as de 8 a 13 anos.
Grupos: Non superior a 25 persoas.
Periodización: Sábado 10 e domingo 11 de marzo 2012.
Horario: de 10:00 a 13:00 ou de 16:00 a 19:00.
Organiza: Concellería de Educación
Colabora: Consellería do Medio Rural, Pavillón de Deportes, Federación Galega de Pesca.
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño.
Teléfono: 988510781 / 988388136
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es
FICHA DE INSCRIPCIÓN [58 KB]
Actualizado a 13/02/12
O NOSO CLUB APROBOU NA ASAMBLEA DE SOCIOS O CALENDARIO DE COMPETICIÓNS SOCIAIS E OPEN PARA 2012
O pasado 30 de Decembro na A.D. Natural de Ribadavia celebramos a Asamblea Xeral Ordinaria de socios na cal entre outras cuestións aprobamos o calendario de competicións sociais e Open que organizaremos no 2012:
SOCIAIS
- Mar-Costa: 25 de Febreiro na praia de Agrelo en Bueu. CONVOCATORIA E BASES [58 KB]
- Salmónidos Lance: 8 de Abril no Couto de Pontedeva.
- Auga Doce: 22 de Abril ou 13 de Maio na Área Recreativa de Prado de Miño ou no paseo de Barbantes (Encoro de Castrelo de Miño).
- "Día do socio"-Cto. de Salmónidos libre modalidade: 6 de Maio no Couto de Ribadavia. Este día celebraremos o campeonato social de salmónidos mosca entre os pescadores desta modalidade.
Este calendario de competicións sociais todavía podería sufrir modificacións tanto nas datas como nos escearios.
OPEN
- XVI Concurso de Pesca do Ribeiro: 10 de Xuño nos escearios habituais.
- IV Open de Carpa do Ribeiro: 19 de Agosto no encoro de Castrelo de Miño.
31/01/12
El próximo 1 de julio se celebra el 1º OPEN "Ribeira Sacra" de pesca a mosca, organizado por la asociación de pesca deportiva "Librea". El campeonato se disputará en los tramos libres sin muerte de los ríos Mao y Navea. Será clasificatorio para el prestigioso Master de pesca a mosca "Miguel Pesca". La prueba consta de 4 mangas y la clasificación final se realizará por sectores. Las normas que rigen el campeonato serán las de la FEPC.
Punto de encuentro: Plaza del monasterio en Montederramo a las 7 de la mañana.
Las plazas son limitadas y se reservarán por riguroso orden de inscripción. Para más información y para apuntarse:
Email: oscarribeirasacra@gmail.com - Tlef: 687479651
Precio de la inscripción 30€ ( incluido, desayuno y comida). Obsequiaremos con productos "Ribeira Sacra" de regalo a todos los participantes.
07/01/12
A FEDERACIÓN GALEGA DE PESCA VEN DE PUBLICAR NA SÚA WEB A PROPOSTA DE CALENDARIO DE COMPETICIÓN PARA A TEMPADA 2012 QUE VAI PRESENTAR NA VINDEIRA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA
PODESE CONSULTAR NO SEGUINTE DOCUMENTO:
CALENDARIO PROVISIONAL DE COMPETICIÓN FGP 2012 [64 KB]






