Usted está aquí: Novas 2012 Novas 2011

21/11/11

MANOLO LIMIA CAMPEÓN ABSOLUTO NO VI CONCURSO DE PESCA MARÍTIMA SAN MARTIÑO DISPUTADO O SÁBADO EN O GROVE

- Jose Manuel Dieguez foi 3º na clasificación por puntos.
- Magnifica xornada de pesca na que os pescos da A.D. Natural demostraron unha vez máis o seu nivel en mar-costa.
- O noso club foi o único participante pola provincia de Ourense sendo un dos máis numerosos con 7 representantes.


As 8 da maña do pasado sábado reuniamonos máis de 60 pescos no centro vacacional da Deputación de Pontevedra ao pé da praia da Lanzada. Este era o esaenario previsto para a competición pero a praia estaba impracticable para a pesca con un mar bravo que arroxaba ondas grandísimas dende lonxana distancia polo que non quedaba outra que mudar de esceario de pesca para a outra banda da península de O Grove, polo que nos repartimos entre as praias de Mexilloeira, Area Grande e O Carreiro na cara Noroeste.

No centro dos areais non había moita actividade pero sen embargo nas zonas máis próximas ás rochas que hai entre unhas praias e outras conseguironse boas capturas con algunha lubina, algunha choupa e boga e moitos pintos. Deste xeito Manolo Limia conseguia capturar unha boa lubina que ao final sería a mellor peza otorgandolle a victoria. Por outra banda Jose Manuel Dieguez adicabase a pescar pintos tras sacar os dous primeiros no mesmo lance, conseguiu dous mais de bo tamaño en torno aos 500 gr. co que acadaría a 3ª posición por puntos. Máis atras quedou Miguel Fernández con 3 pequenos pintos que capturou preto de onde pescaba o seu compañeiro Jose Manuel.

O resto de premios repartironse sobre todo entre os compoñentes dos clubes Mar de Arousa, Liceo Casino de Vilagarcía e O Isco, destacando Ánxeles Torres co maior nº de capturas. A entrega de premios acudiron o alcalde de O Grove, o vicepresidente e delegado da Federación Galega de Pesca asi como o Presidente do club organizador O Isco e o ex-delegado de Pontevedra da FGP, que fixeron entrega dun total de 10 trofeos de gran calidad e outros premios. Finalmente serviuse un ágape para tódolos participantes finalizando unha gran xornada baixo a organización perfecta por parte dos membros do club O Isco.

Fotos VI Concurso "San Martíño" 2011

RESULTADOS SORTEOS PERMISOS 2012 GALICIA

06/09/11

O 30 de setembro remata o prazo de inscripción nos sorteos para obter os permisos de pesca en coutos 2012

Onte luns 5 de setembro publicouse no DOGA a resolución coas normas para o sorteo e venta dos permisos de pesca en coutos para a tempada 2012. O prazo de inscripción para participar nos sorteos remata o vindeiro día 30 de setembro ás 14:00 h. e pode facerse via web a través da páxina https://www.xunta.es:444/pescafluvial/

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2011, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se fixan as normas dos sorteos e da venda de permisos de pesca en coutos para a tempada 2012 [599 KB]

23/08/11

OS PESCADORES DA AD NATURAL DE RIBADAVIA DOMINAN O III OPEN DE CARPA EN CASTRELO DE MIÑO

- Un total de 30 pescadores encheron os postos do escenario de Pescastrelo e a contorna do Club Náutico.
- Capturáronse un total de seis carpas pero ninguén conseguiu máis dunha.
- Serafín Pérez conseguiu a captura de maior peso que lle deu a vitoria.

O pasado domingo celebrouse en Castrelo de Miño o III Open de pesca de Carpa do Ribeiro organizado pola A.D. Natural de Ribadavia e no que participaron 30 pescadores de Ourense, Pontevedra e Portugal. Os pescadores do club anfitrión demostraron o seu coñecemento do terreo conseguindo os 4 primeiros postos con carpas de ao redor de 2 kg. de peso. O escenario para a competición estaba en inmellorables condicións cun gran nivel de auga no encoro e ademais a mañá presentouse espléndida con nubes que evitaron a calor sufocante dos días anteriores.

A maioría dos pescadores elixiron o escenario de Pescastrelo na área recreativa de Prado de Miño ocupando todos os postos dispoñibles, pero aos que quedaron no paseo do Club Náutico tampouco lles foi nada mal conseguindo 3 deles os 3 primeiros postos.

A vitoria foi para Serafín Pérez ao que lle tocou pescar na contorna do Club Náutico conseguindo a captura maior que deu 2.340 gr. na báscula, en segundo lugar quedou Roi Juan López cunha carpa de 2.230 gr. e o terceiro posto foi para Delmiro Freijido cunha peza de 2.020 gr.

O 4º, 5º e 6º clasificado conseguiron unha peza cada un que roldaron os 2 kg. trátase de Jose Antonio Chantada, Salvador Rolán e Javier Lázaro, ademais hai que destacar a participación de Nieves Iglesias da AD Natural como única muller e de Cristhian Ferreño en Xuvenís e aínda que non conseguiron puntuar a organización quixo premiar o seu esforzo outorgándolles un trofeo a cada un. Tamén se fixo entrega doutro trofeo a Manuel Sampaio que se desprazou desde Portugal para participar neste campionato por segundo ano consecutivo.

CLASIFICACIÓN FINAL [307 KB]

09/08/11

III OPEN DE PESCA DE CARPA DO RIBEIRO

HORARIO:

08,00 h. Concentración de participantes e sorteo de postos
no Club Náutico Castrelo de Miño
09,00 h. Inicio da competición
13,00 h. Remate da competición
13,30 h. Reconto e pesada das pezas pilladas: Nos postos de pesca
14,30 h. Xantar de irmandade no Restaurante A Quinza
16,30 h. Entrega de trofeos e agasallos
17,00 h. Remate do III Open Pesca Carpa do Ribeiro

BASES:
A Participación e libre (aberto a todo pesco@)
Aparellos, cebos e capturas, serán os autorizados polo Regulamento de Pesca Fluvial
Cada participante ten abriga de ter Licencia de Pesca Fluvial Vixente
Reconto e pesada nos POSTOS
Os postos de pesca estarán NUMERADOS e serán asignados por SORTEO
A cuota de inscripción está fixada en 20 €, incluido xantar, trofeos e agasallos

ESCENARIOS DE PESCA:
1º- Paseo fluvial do Club Náutico de Castrelo de Miño
2º- Postos de Pescastrelo en Prado de Miño

PUNTUACIÓN:
Por cada peza válida 100 puntos, máis 1 punto por gramo de peso

CATEGORÍAS E TROFEOS:
Tres (3): Xuventude: Ata 18 anos, Senior femenino e Senior masculino
Once (11). Para os primeiros clasificados de cada categoría

EN CASO DE EMPARELLAR RESOLVESE:
1º- O maior número de pezas
2º- A peza de maior peso

INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN:AD Natural Ribadavia
Ata o 19 de Agosto. Gabriel Tlf.: 699 954 985
e-mail: gabriel@adnpescaribadavia.es

07/07/11

CAMPIONATO PROVINCIAL DE AUGA DOCE DE OURENSE. Celebrouse este domingo no encoro de Castrelo de Miño-Barbantes (Cenlle) Ourense

- José Manuel Seoane, de ADPF, campión de Ourense
- Nieves Igrexas Carreira, do club ADN de Ribadavia, única muller participante
- Os DEZ primeiros serán os representantes para o Autonómico
- O autonómico celebrarase o próximo 17 de Xullo no encoro de Portodemouros (A Coruña)


Texto e fotos: Suso M. Pereira

Ourense celebrou o seu campionato provincial de pesca na modalidade Auga Doce, e que tivo lugar este domingo, no encoro de Castrelo de Miño-Barbantes (Cenlle), organizado pola Delegación Territorial da Federación Galega de Pesca. O día foi espléndido, no climatolóxico, aínda que na pesca non o foi tanto. Participaron un total de 20 pescadores pertencentes aos clubs da provincia: ADN Ribadavia, Valdeorras, ADPF, Pesca Ribeiro, e O Peixe.

O Restaurante Boavista de Barbantes foi o centro de operacións establecido pola Delegación Provincial da Federación Galega de Pesca, encargada do evento, e alí fíxose a entraga de pemios e a concentración matinal.

O campión foi o pescador do Club ADPF, José Manuel Seoane, club que conseguiu meter entre os dez primeiros que acudirán ao Campionato Autonómico, a tres dos seus catro representantes no provincial, mentres que Valdeorras ten a outros tres pescadores clasificados, dous Pesca Ribeiro e outros dous O Peixe. O único club que non conseguiu representación, aínda que estubo cerca, foi ADN de Ribadavia, cuxo primeiro representante foi undécimo e figura como reserva. A única muller participante, Nieves Igrexas Carreira, pertence a este último club, e tívose que confomar coa praza dezanove.

O Campionato Autonómico desta modalidade AUGA DOCE, celebrarase o próximo 17 de Xullo, en augas do encoro de Portodemouros (A Coruña), onde acudirán os dez primeiros clasificados da provincia.

CLASIFICACIÓN COMPLETA [81 KB]

23/05/11

JOSE MANUEL DIEGUEZ E MANOLO LIMIA 3º E 4º NO PROVINCIAL DE MAR-COSTA

O sábado tivo lugar na praia de A Lanzada este campeonato ao que acudimos con 4 representantes: Nieves Iglesias, Manuel Martínez, José M. Dieguez e Manolo Limia, e estes dous últimos conseguiron clasificarse para o autonómico ao quedar 3º e 4º. José M. Dieguez capturou unha robaliza e un anguilacho e Manolo Limia unha robaliza de 570 gr. que foi a peza maior. Noraboa a todos, a continuación a crónica de Suso

A Praia da Lanzada acolleu dous provinciais de Mar-Costa...

- Participaron 32 pescadores, clasificándose para o Autonómico de Galicia 14 (10 de Pontevedra e 4 de Ourense)
- Xornada espléndida de temperatura e capturas con Robalizas, xurelos e sargos
- Pablo Vázquez, do Club Pontemoamar, Campión provincial de Pontevedra. Subcampioa, Anxeles Torres Charlín, do Club Mar de Arousa
- David López Otero, do Club O Peixe, Campión provincial de Ourense e Rafael Serrano Martín, do mesmo club, subcampión

Texto e fotos: Suso Martínez Pereira

Este sábado día 21, a praia da Lanzada acollía os campionatos provinciais de dous das provincias galegas: Ourense e Pontevedra na modalidade de Pesca Mar-Costa, competición na que participaron representando á primeira, 15 pescadores, por 17 da segunda.

Pescouse en dúas mangas, tarde e noite, con boa temperatura e un pouco de vento e lográronse boas capturas en xeral, especialmente, por parte dos pescadores de Pontevedra, conseguíndose boas capturas de robalizas, xurelos, e sargos, principalmente.

Participaron por Pontevedra, pescadores pertencentes a clubs como: Pontemoamar, Mar de Arousa, O Isco e Citroen. Por Ourense: Sport Ribeiro, ADPF, O Peixe e ADN Ribadavia.
A organización foi perfecta, dominando a camaradería e amizade entre todos os participantes, demostrada no propio escenario de pesca pero, maiormente, unha vez finalizada a proba, no Restaurante Caribe, onde se celebrou a entrega de trofeos.

CLASIFICADOS POLA PROVINCIA DE OURENSE
1º David López Otero (O Peixe), 2.440 puntos
2º Rafael Serrano (O Peixe), 1.050 puntos.
3º José M. Diéguez (ADN Ribadavia), 1.035 puntos.
4º Manuel Limia Touceda (ADN Ribadavia), 570 puntos.

CLASIFICADOS POLA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
1º Pablo Vázquez (Pontemoamar), 6.890 puntos.
2º Anxos Torres Charlin (Mar Arousa), 5.160 puntos.
3º José Luís Abraira (Pontemoamar), 2630 puntos.
4º Santiago Fontes (O Isco), 2.250 puntos.
5º Ramón Migens (O Isco), 1.755 puntos.
6º José Antonio Fernández (Pontemoamar), 1.225 puntos.
7º Carlos Brea (Mar Arousa), 1.200 puntos.
8º Manuel Ares (O Isco), 1.200 puntos.
9º Víctor Mejide (Citroen), 1.000 puntos.
10º Lázaro Benitez (Citroen), 920 puntos.

O Cto. Autonómico disputarase o 17 de Setembro e o escenario previsto é a Praia de Rodeira en Cangas de O Morrazo.

CLASIFICACIÓN COMPLETA OURENSE [86 KB] - CLASIFICACIÓN COMPLETA PONTEVEDRA [412 KB]

19/05/11

CAMPIONATO PROVINCIAL DE PESCA MAR - COSTA. Praia de “A Lanzada” (O Grove)-21 de Maio de 2011

B a s e s:

ORGANIZACION
-
Este Campionato Provincial de Pesca está organizado po la Delegación Provincial de Ourense da Federación Galega de Pesca, e baixo a supervisión de un xuiz nacional da especialidade.

NORMAS XERAIS
-
As reflectidas no Regulamento de Competicions da FEPyC.

ESCENARIO
-
Se desenrolará na Praia de “A Lanzada”. A praia estará dividida en tantos postos como número de deportistas inscritos, e terán unha dimensión mínima de 20 mts.
- Participaran por Club ou Sociedade un numero de deportistas según o baremo establecido po la FGP
- A concentración será no Hotel Restaurante ”CARIBE” en A Revolta – Noalla (Sanxenxo) as 16:00 horas para efectuar o sorteo de postos.
- A proba terá una duración de seis horas,dividida en duas mangas de tres horas cada una.:
- Primeira manga de 17:00 a 20:00 horas.
- Segunda manga de 21:00 a 00:00 horas.
- Se entregará un pic-nic no cambio de postos a o finalizar a primeira manga.

NORMAS DE DESENROLO
-
Na modalidade de PESCA MARITIMA A O LANZADO DENDE COSTA, autorizáse o uso de duas canas en acción de pesca.
- As canas de reserva, sin limitación, poderán estar montadas, con ou sin carrete, pero sin ó aparello ou baixo de líña.
- Para as competicions de pesca a o lanzado dende costa, o chumbo deberá sempre tocar fondo.
- Os baixos de líña, libres en dimensión, diámetro e composición, solamente poderán ir provistos de un máximo de tres amocelos, puidendo ter dispostos e provistos de cebo cantos baixos considere necesarios.
- A efectos de capturas válidas para a pesaxe, somente se considerarán as que superen a medida mínima legal por familias establecida po la Consellería do Mar da XUNTA DE GALICIA.
- A puntuación para clasificar o resultado dos participantes será aplicada po lo regulamento da FEPyC.
- Todos os pescadores participantes unha vez rematada a proba, deberán deixar limpo de lixo o seu posto de pesca.
- As capturas serán recollidas nos postos de pesca po la Organización.

CEBO
-
Será entregado po la organización a o comenzó da proba e consistirá en 10 caixas de gavilan e 2 de coreano. O precio do cebo será de 25 Euros e será abonado po los participantes na reunión de deportistas.

NOTA.- A inscripción dos pescadores participantes deberá estar en posesión de esta Delegación antes do dia 20 de Maio do 2011 e poderán facélo chamando a o móvil 670 083 183 ou por e-mail a : ourensedelegacion@fgpesca.org

Ourense, 18 de Maio de 2011

18/05/11

CAMPIONATO AUTONOMICO SALMONIDOS LANCE 2011. Fai dez días en Melide (A Coruña)

- O xogo das pintonas no coto de Furelos foi desigual. Abundaron os "ceros" nas catro mangas oficiais
- Ramón González "Fábrega", campión. Juan Roi López, subcampión e Carlos Nogueiro, terceiro clasificado
- Os seis primeiros ascenden ao equipo Autonómico de Galicia para disputar o selectivo para o Campionato de España de Lance

As condicións do río Furelos e a fama do seu tramo acoutado, en Melide, eran as mellores, a pesar da climatoloxía. O río baixaba ben, pero as pintonas non quixeron entrar aos enganos presentados polos participantes no Campionato Autonómico de Salmónidos Lance, ao que acudían os mellores de cada unha das catro provincias galegas. Ao final, dous representantes de Ourense, dos clubs de Baños de Molgas e Sport Ribeiro, colocáronse entre os tres primeiros, co que isto supón para a provincia. Só resta felicitar a todos os participantes pola súa entrega e harmonía, así como á Federación Galega de Pesca e Casting pola súa magnífica organización, con catro mangas disputadas en dous días, que se realizaron á perfección.

IMPORTANTE: Os catro primeiros clasificados ascenden automaticamente ao equipo de Galicia que disputará o Selectivo de onde sairán os catro representantes de Galicia para o Campionato de España da modalidade que se celebrará en 2012. Nesta ocasión ao estar xa incluídos entre os pescadores do selectivo, o primeiro e terceiro clasificado, os seis primeiros estarán en devandita competición. O selectivo celebrarase os días 25 e 26 de Xuño,próximo.

CLASIFICACIÓN [82 KB]

03/05/11

O VINDEIRO FIN DE SEMÁN DISPUTARASE O CTO. AUTONÓMICO DE SALMÓNIDOS LANCE NO QUE PARTICIPARÁ O NOSO PRESIDENTE GABRIEL FERNÁNDEZ

- Terá lugar no Couto de Furelos, Melide, os días 7 e 8.
- César Fernández tamén estaba clasificado pero non poderá acudir.
- Acudirán 5 representantes da provincia de Ourense.


Chega unha das competicións máis esperadas polo noso clube, xa que tiñamos a dous deportistas clasificados pero finalmente só podera acudir un, o noso presidente Gabriel, xa que César Fernández ten outros compromisos ineludibles. Tamén causaron baixa dous pescadores máis que estaban clasificados, polo que houbo que recurrir os seguintes clasificados no provincial de 2010 polo que a lista de particiapntes pola provincia de Ourense está do seguinte xeito:

- Ramón González Fábrega
- Gabriel Fernández Vázquez
- Fran Rodríguez Bejerano
- Jesús Delgado ou Francisco López
- Roi Juan López Muriel

A continuación expoñemos o programa e as bases do campionato:

PROGRAMA
07:30 horas Concentración dos participantes no Hotel-Restaurante CARLOS 96 (Ctra.N-547) Melide. Sorteo de dorsais e entrega de documentación
08:45 “ Inicio da 1ª manga
10:45 “ Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e control.
11:15 “ Inicio segunda fase
13:15 “ Fin da 1ª manga.
14:00 “ Concentración e xantar no (A DESIGNAR)
16:00 “ Inicio da 2ª manga
18:00 “ Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e control.
18:30 “ Inicio segunda fase
20:30 “ Fin da competición
20:30 a 21:00 Entrega de plicas


07:45 horas Concentración dos participantes no Hotel-Restaurante CARLOS 96 (Ctra.N-547) Melide
08:45 “ Inicio da 1ª manga
10:45 “ Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e control.
11:15 “ Inicio segunda fase
13:15 “ Fin da 1ª manga.
14:00 “ Concentración e xantar no (A DESIGNAR)
16:00 “ Inicio da 2ª manga
18:00 “ Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e control.
18:30 “ Inicio segunda fase
20:30 “ Fin da competición
20:00 a 21:00 Entrega de plicas

Unha vez elaborada e verificada a clasificación, clausura do campionato e entrega de trofeos.

BASES
1) O material a utilizar sera cana de lanzado de libre eleccion, carrete manual ou automático, fío monofilamento,será obrigatorios o uso de sacadeira, dado que os participantes non poderán tocar a peza capturada coa man, entregándolla ao control para que a mida e a devolva á auga.
2) Os artificiais a utilizar seran a culleriña cun só anzol dunha soa punta e sen morte e aparello de tres moscas con boia ou buldo.
3) Calquera control pode pedir o exame dos aparellos de pesca de calquera pescador durante o momento do concurso.
4) Todo participante que non se presente ou abandone a proba ou a acción de pesca, antes de finalizar a hora oficial, perderá o seu dereito á clasificación e a continuar a proba.
5) Calquera inscrito ou participante que ,sen ter causa xustificada de forza maior, non participe ou se ausente, sen ter nomeado un reserva será privado de licenza federativa por dous anos.
6) Calquera outra norma non descrita anteriormente estaráse ó regulamento da FEPYC.

01/05/11

A A.D. Natural de Ribadavia saca 1.000 kg. de lixo dos ríos Avia e Maquiáns na
súa xornada de limpeza


- Unha ducia de socios participaron onte na xornada de limpeza que se realizou no
tramo libre sen morte, o regato de Maquiáns e o Coto de Ribadavia.
- Retiráronse pezas de coches, televisións, ordenadores, inodoros, máquinas de sulfato,
roupa, plásticos e ata unha baldera dun camión.
- Os residuos foron trasladados ao punto limpo da Mancomunidade do Ribeiro nun
camión cedido polo Concello de Ribadavia.


Os ríos Avia e Maquiáns viron melloradas as súas ribeiras e canles grazas aos 12 socios da A.D. Natural que acudiron á convocatoria do club, conseguindo retirar nunha mañá 1.000 kg. de lixo de todo tipo, electrodomesticos, defensas, cadros de mandos, asentos e neumaticos de coche, inodoros, máquinas de sulfatar, bidóns, unha baldera dun camión e moitos plásticos e teas, de todo. E é que facía tempo que ninguén limpaba o rio, polo que a directiva da A.D. Natural dixo "ata aquí" e xa a tempada pasada expuña aos seus socios a necesidade de realizar limpezas no río que por fín concretouse na xornada de onte.

Comezouse no tramo libre sen morte de Ribadavia, rio arriba ata o límite deste tramo que non é outro que a desembocadura do regato de Maquiáns, regato polo que se continúo ata o primeiro muíño. Logo acudiuse ao tramo do Coto de Ribadavia que transcorre polo Concello de Ribadavia sendo un dos puntos máis críticos a zona do Areal de San Cristóbal na que había de residuos en grao sumo.

Finalmente, cun camión cedido polo Concello de Ribadavia procedeuse a cargar todo o material acumulado nos diferentes puntos para levalo ao punto limpo da Mancomunidade do Ribeiro na que se descargou todo botándoo segundo o tipo de residuo nuns colectores ou outros.

Asi mesmo constatouse a existencia duns grandes paneis de alumnio utilizados na construción de tellados ou cubertas no tramo comprendido entre O Areal e O Muiño de San Cristóbal polo que ADN puxo en coñecemento das autoridades competentes devandita situación ante a imposibilidade de ser retiradas manualmente. Tamén se denunciou a grave situación dos amieiros das ribeiras moi afectados desde o ano pasado por unha enfermidade que se estende sen control deixando unha gran cantidade de árbores secas e caidas sobre a canle do río.

A A.D. Natural de Ribadavia quere agradecer aos socios participantes e ao Concello de Ribadavia a súa asistencia e colaboración grazas ao cal está xornada foi un éxito.

Fotos xornada de limpeza 30/04/11

26/04/11

O pasado domingo 17 de abril disputouse no Couto de Ribadavia o cto. provincial de salmónidos lance onde acudimos con 4 representantes pero este ano non conseguimos puntuar, asi que a vindeira cita será o cto. autonómico para o que están clasificados César Fernández e Gabriel Fernández. Será os días 7 e 8 de Maio no río Furelos de Melide así que sorte ós dous. A continuación poñemos a crónica elaborada por Suso sobre o provincial no que venceu Roi López Muriel por diante de Antonio Manzano e Fran Rodríguez, que aparecen na foto.

En Ribadavia (Ourense), outra vez a presa de Albarellos...

- Roi Juan López Muriel, de Sport. P. Ribeiro, campión
- Peza Maior 39'5 ctm.por José Mouriño Vazquez do Peixe
- As entradas aos postos de pesca "eran unha selva" e o caudal do río era insuficiente para unha competición desta importancia

Os cinco primeiros clasificados representarán a Ourense no Autonómico do 2012

Texto e fotos: Suso M. Pereira

O escenario do Campeonao Provincial de Salmónidos Lance, pola provincia de Ourense, non podía ser mellor: O Coto de Ribadavia, pero como sempre ten que fallar algo, na presa de Albarellos volveron pechar o "billa" para o fin de semana e o río Avia baixaba con moi escaso caudal para celebrar unha proba esta categoría, Quen ten a culpa? Sen lugar dubidas a Federación Galega de Pesca que non se puxo en contacto cos responsables da presa para comunicar a competición, ou dos directivos da empresa de Albarellos, por non facer caso, se se comunicou. Os pescadores, en calquera caso, defendéronse como puideron, e aínda que entre os 20 participantes só conseguiron 16 capturas, o certo é que traballaron a lume de biqueira para que as troitas saíren da súa "guarida".
O día amenceu precioso para pescar, con algunha nube e boa temperatura, pero sempre ten que haber un "pero" convertido en escaseza de auga, nesta ocasión.

Participaron representantes das sociedades de pescadores: Valdeorras, O Peixe, Molgas, A.D.P.F.; Arenteiro, Sport P. Ribeiro e A.D.N Ribadavia.

Por certo, a nova Delegación da FGP en Ourense, recibiu as críticas de gran parte dos participantes, debido aos poucos accesos existentes para chegar ao río. Non se pode dividir o coto de Ribadavia en 20 tramos, un para cada participante, se, despois, a metade non pode acudir ao seu posto, ou ten que abrir "a machete" camiño para poder acudir a pescar. Unha pena.

CLASIFICACIÓN

1º Juan Roi López, de P.Ribeiro
2º Antonio Manzano, Valdeorras
3º Francisco Rodríguez, P.Ribeiro
4º José B. Mouriño, O Peixe
5º Jesús Delgado, Valdeorras

6º Luís M. Gómez, A.D.P.F.
7º Cristian Rodríguez, P.Ribeiro
8º Guillermo Piñeiro, P.Ribeiro
9º Ramón M. González, Valdeorras
10º Alberto Canedo, Valdeorras.

Os cinco primeiros clasificados acudirán ao Autonómico de Salmónidos Lance, aínda que aínda non se sabe o escenario de pesca, nin a data.

Peza Maior, 39'5 centímetros, José Mouriño Vázquez, do Peixe.

CLASIFICACIÓN COMPLETA [159 KB]

11/04/11

Onte celebramos o campeonato social de salmónidos lance no couto de Ribadavia resultando todo un éxito de participación ademáis de unha gran festa para todos os socios que estaban convidados ó xantar pola Agrupación. Este foi o segundo ano que facemos este campeonato no couto de Ribadavia pero a primeira vez que se convida a todólos socios a un xantar de irmandade e a resposta foi moi positiva xa que acudiron a maioria dos 62 socios cos que contamos esta tempada. A continuación tendes a "crónica" da xornada redactada por Suso e publicada en Pescarmona como ven sendo habitual.

Gracias a todos.
Gabriel Fernández

GRAN XORNADA PARA OS SOCIOS DA A.D. NATURAL

Texto e fotos: Suso M. Pereira

- Roi López Muriel, campión con catro troitas das oito que se conseguiron
- O río Avia baixaba con pouco caudal e Medio Rural só autorizou 15 permisos no coto, polo que outros 7 pescadores deberon pescar no libre
- Os catro primeiros representarán á súa sociedade no Provincial que se celebrará o día 17 de Abril, no couto de Ribadavia


A xornada de pesca non puido amencer mellor, nubrado con intervalos asollados e pouco vento, pero cando non son pitos, son gaitas e o río Avia baixaba pobrísimo de caudal o que dificultou, excesivamente, a pesca a lance. Se a isto unimos que a Consellería de Medio Rural da Xunta só autorizou a pesca no coto a 15 pescadores, as cousas tornáronse en lamentables, pois sete deles deberon participar pescando no tramo libre.

Cos inconvenientes narrados, faltaba a pesca cos 22 deportistas en liza, asignado os postos logo dun sorteo. Ao final, entre todos, só oito troitas, das cales catro conseguiunas o campión.

Como todos coñecíanse e son amigos pertencentes a un mesmo club, os que se debese parecer máis a unha competición oficial, converteuse nunha auténtica "Xuntanza" de amigos, que departiron xornada de pesca, bocadillos e outras viandas, gozando en sana harmonía e en plena natureza.

CLASIFICACIÓN

1º- Roi López Muriel, 4 pezas........... 2.150 Puntos
2º- Anxo Carpintero Alberte, 1 peza...1.830 "
3º- Gabriel Fernández Vázquez, 1 " ..... 500 "
4º- Antonio Álvarez Almuiña, 1 " ......... 400 "
5º- Rafael Tejero Álvarez, 1 " ............. 370 "

Puntuación baixo norma: 250 puntos por peza, máis un punto por gramo de peso. Os 4 primeiros están clasificados para representar ao Club A.D.N Ribadavia no Provincial do día 17, no Couto de Ribadavia. O quinto e seguintes clasificados figurarán como reservas.

A peza maior pescada por Anxo Carpintero, 1.580 Quilogramos e 58 centímetros, a cal pode ver na reportaxe fotográfica.

28/03/2011

CAMPIONATO AUTONÓMICO DE LIGA DE CLUBS MAR-COSTA NA PRAIA DE LANGOSTEIRA

Texto e fotos: Suso M. Pereira e E.Gª.Carmona

- O equipo de Riomar 2008 (A Coruña) , Campión e acompañaranlle ao campionato de España os equipos, tamén da Coruña, Peixe Espeso e O Capote
- O Campionato de España disputarase en Zarauz (Guipúzcoa), do 7 ao 9 de Outubro
- Gerardo Orol, foi o mellor individualmente, seguido de Óscar Pardo

A mar estaba brava, moi brava. A tarde presentábase con vento fresco, que case cortaba e a medida que avanzaba a xornada comezou a caer auga, moita auga con refachos de vento ou ventisca que dificultou excesivamente o lance para os 65 valentes que se deron cita neste CAMPIONATO AUTONÓMICO DE GALICIA MAR-COSTA, Liga de Clubs, de onde terían que saír os tres mellores equipos para representar a esta terra de "meigas" no Campionato de España.

Ao final, nin a auga, nin o frío, nada puido coa moral destes grandes pescadores das catro provincias galegas que chegaron a Fisterra, á praia de Langosteira dispostos a todo con tal de alcanzar a gloria.

A competición foi moi disputada e ata última hora non se puido saber quen serían os primeiros, segundos e terceiros. Foi o Club Riomar 2008 o que levou "o gato ao auga", seguido de Peixe Espeso e O Capote, pero calquera destes tres, e ata Fario e O Rodaballo, optaron en todo momento ao éxito, ou sexa ás tres primeiras prazas. Foron os equipos que xogaban na casa os que souberon amoldarse mellor ás circunstancias climáticas e coñecedores do escenario deron boa conta diso.

Na primeira manga, a da tarde, o mellor foi Gerardo Orol, do Capote, sendo segundo, Antonio Calvo, Riomar 2008, e terceiro Juan Carlos Castro, do Xurelo. Non se pescou ben nesta manga e os ceros foron a tónica dominante, cun total de 43, dos 65 participantes, ou sexa, conseguiron peza só 22 pescadores. Pouco pescado para tan grandes pescadores.

A segunda manga foi máis interesante, sendo o mellor, a nivel individual, Óscar Pardo, de Peixe Espeso, seguido de José M. Reimúndez, de Río Mandeo, e terceiro, Alberto Jon Gelado, de Fario. Nesta segunda manga puntuaron con pezas un total de 36 pescadores, quedan 29 co marcador a cero.

De pouco servían as clasificacións individuais xa que ao tratarse dunha liga por clubs, sumábanse os postos de cada integrante do equipo, e a clasificación final da suma dos cinco compoñentes de cada equipo, en cada manga, fixo posible a clasificación final definitiva.

Conseguíronse un total de 20,134 quilos de peixes, dando en báscula a peza maior, 718 gramos.

CLASIFICACIÓN FINAL POR CLUBS [50 KB] - CLASIFICACIÓN FINAL INDIVIDUAL [364 KB]