XV CONCURSO DE PESCA DO RIBEIRO
Éxito sen precedentes da "Xuntanza de Pescos" en Ribadavia (Ourense)...
- Celebrouse este pasado domingo nos ríos Avia e Miño.
- Jonathan Arguibay, en xuvenís; Mª Manuela Freire, en Damas; Herminio Fernández, en Senior Troita; José Seoane, en Senior Peixe-boga; e o portugués Manuel Sampaio, en Senior-Carpa.
- Asistiron o presidente da Federación Galega de Pesca e Casting, Gerardo Orol, e a súa esposa.
- Diversas adegas de viño do Ribeiro de Ribadavia doaron lotes dos seus caldos e culleriñas EDU, trescentas culleriñas para regalar entre os asistentes.
O domingo 26 de Xuño, Ribadavia foi unha festa coa chegada das mellores canas na competición para participar o XV Concurso de Pesca do Ribeiro, unha Xuntanza de Pescos con tres categorías: xuvenís, ata 17 anos, Senior e Damas, á que asistiu o presidente da Federación Galega de Pesca e Casting, Gerardo Orol e a súa esposa.
O día, climatolóxicamente, foi espléndido, como o foi en participación, amizade, deportividade e compañeirismo. A modalidade de pesca foi: troita, carpa e boga. As puntuacións, como sempre, 250 puntos peza de troita, máis peso e 100 puntos por boga ou carpa, máis peso. En Damas e xuvenís, todas as capturas puntuaron. A xornada de pesca celebrouse nos ríos Avia-Miño, nos tramos que van desde O Muiño de San Cristóbal, ata presa de Veronza; e desde a ponte FFCC ata desembocadura do río Brull (Francelos).
A competición comezou ás 9 da mañá, e finalizou ás 13 horas. Antes, todos os participantes concentráronse en Restaurante "A Quinza", o tenedor de ouro de Galicia, onde se repartiron os dorsais e resto documentación, xunto cunha bolsa a cada un con tres culleriñas EDU, agasallo de Eduardo Fontela que doou cerca de 300. Neste mesmo restaurante tivo lugar a pesada, a comida e a entrega de premios.
A xornada de pesca desenvolveuse cun bo número de participantes que bateu records de asistencia respecto doutros anos. Participaron deportistas de moitos dos clubs federados de toda Galicia e ata de Portugal. O Club Londra de Rois, participou co maior número de deportistas. Os participantes en Peixe-boga e carpa, conseguiron grandes capturas e en bo número, mentres que os de troita debéronse conformar con menor número de pezas, aínda que entre os cinco primeiros clasificados sumaron 15 troitas de bo porte.
A grata sorpresa foron os xuvenís e as damas que se portaron como auténticos campións de pesca demostrando, ademais de boas técnicas, deportividade e competitividade no río. Hai moito futuro por diante e por iso nosa máis cordial parabén a todos.
Na entrega de premios, ademais dos correspondentes trofeos, os gañadores levaron lotes dos bos caldos da terra, ese viño extraordinario do Ribeiro, e lotes de culleriñas EDU.
CLASIFICACIÓNS FINAIS [3.959 KB]
CONCURSO DE PESCA DO RIBEIRO 2011 Fotos
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
XV CONCURSO DE PESCA RO RIBEIRO
26 DE XUÑO DE 2011
P R O G R A M A:
08,00 h. Concentración e entrega de Dorsais no Restaurante “A Quinza”
09,00 h. Inicio da Competición
13,00 h. Final da Competición
13,30 h. Reconto das Pezas Pilladas e puntuación no Rest. “ A Quinza”
14,30 h. Xantar de Irmandade no Rest. “A Quinza” TENEDOR DE ORO DE GALICIA
16,30 h. Entrega de Trofeos e Agasallos
17,30 h. Remate do XV Concurso de Pesca do Ribeiro - Xuntanza Pescos Galegos
ESCENARIO DE PESCA:
( 2 ) Ríos Avia e Miño
1º-Dende o Muiño de S. Cristobo (Parte Inferior) ata a Presa da Veronza (Parte Superior)
2º-Dende a Ponte do FFCC. (Ribadavia) ata desembocadura do Río BRULL (Francelos)
B A S E S:
a)-Participación Libre (Aberta a Todo Pesco@)
b)-Haberá TRES Modalidades de Pesca: TROITA, PEIXE-BOGA e CARPA
c)-Haberá TRES Modalidades de Competicions: (Xuventud ata 17 anos), Donas e Senior
d)-Trofeos para os Primeiros Clasificados de Cada Modalidade
e)-Aparellos, Cebos e Capturas serán os marcados polo Regulamento de Pesca Fluvial
f)-Cada Participante ten Obriga de ter Vixente a Licencia de Pesca
N O T A:
Prezo das Inscripcións Fixado en 20 €
Información Telf.: 626767750 / 988471597 e susopescador@gmail.com
ORGANIZADO POR: Agrupacion Deportiva Natural de Pesca de Ribadavia
XIII CONCURSO DE PESCA DO RIBEIRO
28 DE XUÑO DE 2009
PARTICIPACIÓN E RESULTADOS [317 KB]
ZONA DE PESCA:
Ríos Avía e Miño.
TRAMO DE PESCA:
Dende a Presa da Veronza ata a desembocadura do rio Brull,(Francelos). Aprox. 5 Km. Hábiles de pesca.
CARACTER –MODALIDADE:
Concurso:1º-Troita, 2º- Peixe e boga, 3º-Carpa.
HORARIO:
08,00 Concentración Participantes Bar Campeón (Beade).
09,00 Inicio do Concurso.
13,00 Remate do Concurso.
13,30 Reconto, Pesada e Puntuación das Pezas Pilladas.
14,30 Xantar de Irmandade no Restaurante Oasis.
16,30 Entrega de Trofeos e Agasallos.
17,30 Final do XIII Concurso de Pesca do Ribeiro.
TROFEOS:
30 Trofeos para os DEZ primeiros de cada modalidade.
BASES:
a) A participación será libre. (Aberto a todo Pesco/a )
b) Habera tres clasificacions, Troita, Peixe e Boga, Carpa.
c) A Organización non se FAI responsable de ningún accidente, polo que se recomenda estar Federado ou ter algún seguro que cubra calqueira percance.
d) Cada participante ten a abriga de estar en posesión da licencia de pesca que expide o M.A.N. Xunta de Galicia.
e) Cebos e Capturas, serán os Autorizados polo Reglamento Vixente de Pesca Fluvial.
f) A cota da Inscripción Fixada en 20 € Xantar e Agasallos Incluidos.
PUNTUACIÓN:
TROITA: Por cada peza valida 250 puntos, mais un punto por gramo de peso.
PEIXE-BOGA: Por cada peza valida 100 puntos, mais un punto por gramo de peso.
CARPA: Por cada peza valida 100 puntos mais un punto por gramo de peso.
EN CASO DE EMPARELLAR:
1º Decidirá o mayor numero de pezas.
2º A peza de mayor peso.
NOTA: Para un bo evento confirmar inscricións Telf.: 626767750 / 988471597 ou susopescador@gmail.com Graciñas.
CONCURSO DE PESCA DO RIBEIRO 2009 Fotos
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|

































