Usted está aquí: Novas

RESULTADOS II OPEN DE CARPA DO RIBEIRO

GRAN ESTREO DOS ESCENARIOS DE PESCA EN CASTRELO DE MIÑO

- Luis de Saa Corbillón de ADN de Ribadavia, campeón; Avelino López, de “O Róbalo” de A Coruña subcampeón e Manuel Limia Touceda, de ADN, Ribadavia, terceiro

- Participaron pescadores das catro provincias galegas e do veciño Portugal

Castrelo de Miño despertouse cun día de auténtico verán. Ceo despexado e un sol de xusticia fixeron que a xornada de pesca se “agostara” en todo-los sentidos, pois ata as carpas se quedaron na auga, anque alguna saliu.

A medida que o cielo se tornaba un pouco gris, con intervalos soleados, a pesca aparecía e desaparecía, como o sol. Non, non foi unha boa xornada de pesca de carpas, anque os 25 pescadores chegados de toda Galicia e Portugal disfrutaron dunha gran xornada de festa e compañeirismo que sempre estivo regada cos bos “caldos” da terrae y a magnífica aportación dos organizadores o Clube ADN de Ribadavia.

A entrega de trofeos celebrouse no transcurso dun xantar de irmandade, no Restaurante Parque, de Castrelo de Miño. Soamente se conseguiron 4 carpas, anque de bo tamaño, que diron un peso final de 8,450 Kilos.

Clasificación

1º- Luis de Saa Corbillón, de A.D.N Ribadavia................4.180 Puntos
2º- Avelino López García, de “O Róbalo” A Coruña........2.050 puntos
3º- Manuel Limia Touceda, de A.D.N Ribadavia……......1.780 puntos

Redacción e fotos: Suso Martínez Pereira

PROGRAMA II OPEN DE CARPA DE O RIBEIRO

HORARIO:
08,00 h. Concentración de participantes e sorteo de postos no Club Náutico Castrelo de Miño.
09,00 h. Inicio da competición.
13,00 h. Remate da competición.
13,30 h. Reconto e pesada das pezas pilladas: Nos postos de pesca.
14,30 h. Xantar de irmandade no Café-Bar Parque.
16,30 h. Entrega de trofeos e agasallos.
17,30 h. Remate do I I Open Pesca Carpa do Ribeiro.

BASES:
A Participación e libre (aberto a todo pesco@)
Aparellos, cebos e capturas, serán os autorizados polo Regulamento de Pesca Fluvial
Cada participante ten abriga de ter Licencia de Pesca Fluvial Vixente
Reconto e pesada nos POSTOS
Os postos de pesca estarán NUMERADOS
A cuota de inscripción está fixada en 20 €, incluido xantar, trofeos e agasallos.

ESCENARIOS DE PECA: (2)
1º- Paseo fluvial do Club Náutico de Castrelo de Miño
2º- Area recreativa de Prado de Miño

PUNTUACIÓN:
Por cada peza válida 100 puntos, máis 1 punto por gramo de peso.

TROFEOS:
Dez (10). Para os primeiros clasificados

EN CASO DE EMPARELLAR RESOLVESE:
1º- O maior numero de pezas
2º- A peza de maior peso

INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN:
Ata o 20 de Agosto
Tlf.: 699 954 985
e-mail: gabriel@adnpescaribadavia.es

ORGANIZA:
Agrupación Deportiva Natural de Pesca – Ribadavia

COLABORAN:
D.X. de Conservación da Natureza
Concello de Castrelo de Miño
Club Náutico Castrelo de Miño

CTO. PROVINCIAL DE AGUA DULCE 2010

OS PESCOS DO NOSO CLUBE JOSE ANTONIO CHANTADA E LUIS DE SAÁ 5º E 8º RESPECTIVAMENTECLASIFICANSE PARA O AUTONÓMICO

Emilio Andrés García, do Clube de Pesca Valdeorras, campeón e o seu compañeiro, Pablo Andrés Vales, subcampeón
Participaron pescos de seis clubes da provincia de Ourense

O domingo, 4 de Xullo, no encoro de Cachamuiña (Ourense), celebrouse o Provincial de pesca en agua dulce, valedeiro para o Autonómico desta modalidade, onde os dez primeiros clasificados serán os que representen a Ourense .

A maña presentouse nublada, ainda que a medida que transcorreu a xornada o ceo foise abrindo, polo que a tarde quedou soleada. En definitiva, bo tempo para pescar. O escenario estaba dividido en tramos de 10 metros que foron adxudicados ós participantes mediante sorteo. Celebraronse duas mangas (mañan e tarde) e os participantes cambiaron de posto en cada una delas. Pese a que dende primeiras horas os pescos estaban citados para a concentración e sorteo de postos, a xornada de pesca matinal non comenzou ata as 9,30 horas, para finalizar ás 12,30. A manga de tarde iniciabase ás 15,30 horas, para finalizar ás 18,30 horas. As normas de pesca son as que rixen para este tipo de competición na Fepyc, sendo a organización perfecta por parte da Territorial galega, en Ourense.

As capturas foron abundantes en canto a CARPASOLES, con un total de 28 Kilos de peixes conseguidos, entre os que se encontraban as duas únicas carpas comúns conseguidas. Os equipos participantes pertencían ós seguintes clubes: Valdeorras, "O" Peixe, A.D.N., Ribadavia, A.D.P.F., Baños de Molgas e Sport Ribeiro.

Clasificación
1º- Emilio Andrés García------------------------------------Valdeorras
2º- Pablo Andrés Vales--------------------------------------Valdeorras
3º- Pedro Bolaño Pérez--------------------------------------O Peixe
4º- Ignacio Luis Álvarez-------------------------------------Valdeorras
5º- Jose A. Chantada Ozores-------------------------------A.D.N.
6º- Frco. Avelaira Villares-----------------------------------O Peixe
7º- Juan José Lopera Rodríguez---------------------------Valdeorras
8º- Luis de Saa Corbillón------------------------------------A.D.N.
9º- José Luis Salgado Iglesias------------------------------A.D.P.F.
10º- Antonio Cortés Araujo---------------------------------O Peixe




RESULTADOS XIV CONCURSO DE PESCA DE O RIBEIRO

CERCA DE 100 PARTICIPANTES COMPITIERON EN LAS RIBERAS DE LOS RÍOS AVIA Y MIÑO EN EL XIV CONCURSO DE PESCA DE O RIBEIRO

-
Roi Juan López, campeón en Trucha; Delmiro Freijido, en Peixe-Boga; y David López, en Carpa
- Ribadavia (Ourense) y la Feria de Castrelo de Miño fueron una fiesta de la pesca
- Cucharillas EDU y Manuel Limia, acapararon la atención de participantes en el concurso y visitantes a la feria

El día 27 de Junio será la fecha que muchos recordarán en Ribadavia por celebrarse la XIV edición del Concurso de Pesca Do Ribeiro pero, también, por ser la primera en la que nuestro querido, Suso Martínez Pereira, no ha estado con todos sus amigos. Suso, por el contrario, ha estado con su “halo” presente, inundando de alegría y simpatía la Feria de Castrelo de Miño y toda la competición en sus ríos queridos: Avia y Miño. Si a ello unimos que su esposa, Nieves, sí estuvo presente, queda, más que demostrado, que la Xuntanza de Pescos es una parte importante de esta familia, tanto, tanto como Ribadavia y la Agrupación Deportiva y Natural de dicha localidad.

Estamos seguros que Suso, volverá muy pronto y, como apuntaron el vicepresidente de la Federación Gallega de Pesca, José García, y Manuel González, miembro del Comité de Jueces de Pesca de Galicia, “volverá y recuperado para salir al río a pescar y para estar con sus amigos los pescadores”.

COMPETICIÓN

El día amaneció con alegría para que los pescadores se contagiasen de la misma. En la competición hubo tres modalidades de pesca: Trucha, Boga y Carpa y en las tres se cogieron peces, algunos de buen tamaño.
El casi centenar de participantes disfrutó de lo lindo de una buena jornada de pesca y armonía, salpicada por una Feria de Castrelo de Miño que, además, estuvo dedicada a la Xuntanza de Pesca. Todo un detalle el de esta feria mensual.
El equipo de ADN de Ribadavia, con su presidente, Gabriel Fernández, al frente, trabajó de lo lindo para sacar con brillantez el evento en la parte competitiva, así como las demostraciones de confección de moscas, a cargo del gallego, Manuel Limia, y del también gallego, Eduardo Fontela, con su “máquina” de hacer las cucharillas EDU que está ganándose el corazón de los pescadores de esta tierra y de medio mundo, porque las EDU son internacionales.

Hubo más de 30 Trofeos y premios, para los diez primeros clasificados de cada modalidad y regalos de diferentes casas comerciales, como los buenos caldos de la ribera del Miño.
El Club Náutico de Castrelo de Miño, acogió la comida de hermandad, así como la entrega de premios y regalos de una competición que comenzaba a las 9 de la mañana, que finalizó a las 13 horas, en su fase competitiva, pero que finalizó avanzada la tarde, tras la comida, el refrigerio y la entrega de trofeos.

CLASIFICACIÓN FINAL [49 KB]

FOTOS

PREVIA XIV CONCURSO DE PESCA DO RIBEIRO

A FEIRA MENSUAL DE CASTRELO DE MIÑO ADICADA Ó XIV CONCURSO DE PESCA DO RIBEIRO

A Agrupación Deportiva Natural de O Ribeiro espera superar o record de participación do pasado ano gracias ó tirón da feira de Castrelo de Miño.

O acontecemento acapara a atención dun cento de pescos galegos e foráneos que tratarán de capturar tres tipos de peixes nos ríos Avia e Miño.

Dende a Agrupación Deportiva Natural de Ribadavia, como clube organizador do evento confirmamos unha inscripción en torno ó cento de participantes de diferentes clubes de Galicia, Castela e León e Portugal, tratando de superar o record do pasado ano, para o cal este ano e como novidade a feira mensual do Concello de Castrelo de Miño será adicada a este evento realizándose actividades complementarias ó concurso como:

- Exposición e montaxe de culleriñas a cargo do artesán galego Eduardo Fontenla.
- Demostración de montaxe de moscas a cargo do artesán ourensán Manuel Limia.
- Demostración de diferentes modalidades de pesca a cargo dos pescadores da Agrupación Deportiva Natural.

Convirtese así no concurso aberto más importante de toda a comunidade, ó que acudirán os mellores pescos de Galicia. O evento conta co apoio dos Concellos de Ribadavia, Beade e Castrelo de Miño así como de numerosas entidades privadas da comarca.

Haberá tres modalidades de pesca: Troita, Peixe e Carpa que se poderán pescar seguindo a normativa vixente de pesca fluvial. O tramo de pesca será a zona libre do río Avia así como o encoro de Castrelo de Miño. Haberá máis de 30 trofeos para os dez primeiros clasificados de cada modalidade e outros 30 paquetes cos mellores viños de O Ribeiro ademáis de paquetes de culleriñas EDU para os afeccionados que participen nesta especialidade.

Programa definitivo:
8:00 h.: Concentración de pescos no Bar Campeón (Beade).
8:30 h: Peche da Inscripción.
9:00 a 13:00 h.: Competición
12:00 h.: Exposición e montaxe de culleriñas a cargo do artesán galego Eduardo Fontenla-Cucharillas Edu.
13:00 h.: Demostración de montaxe de moscas a cargo do artesán ourensán Manuel Limia.
13:30 h.: Reconto de pezas e pesaxe na feira de Castrelo de Miño xunto ó Club Náutico.
14:00 h.: Demostración de diferentes modalidades de pesca a cargo dos pescadores da Agrupación Deportiva Natural.
14,30 h.: Xantar de irmandade no propio Club Náutico.
16:30 h.: Entrega de trofeos e agasallos.

XIV CONCURSO DE PESCA DO RIBEIRO

O VINDEIRO 27 DE XUÑO TERÁ LUGAR ESTE ESPERADO EVENTO

Máis de 100 participantes competirán nas ribeiras dos ríos Avia e Miño.
O prazo de inscripción remata o 25 de Xuño. Precio: 20 €uros, incluida comida e agasallos

PROGRAMA

TRAMOS DE PESCA (3) AVIA-MIÑO:
1º-Dende o Muiño de S.Cristobo ata a Presa da Veronza.
2º-Dende a ponte do FF.CC. en Ribadavia ata a desembocadura do Río Brull en Francelos.
3º- Encoro de Castrelo de Miño.

HORARIO:
08,00 h. Concentración participantes Bar “Campeón”, entrega de dorsales, refrescos, etc.
09,00 h. Inicio do concurso.
13,00 h. Remate da competición.
13,30 h. Reconto e pesada no Club Náutico de Castrelo de Miño.
14,30 h. Xantar de hirmandade no Club Náutico de Castrelo de Miño
16,30 h. Entrega de trofeos e agasallos.
17,30 h. Remate do XIV-Xuntanza Pescos Galegos.

BASES:
a) A participación será libre, (Aberto a todo Pesco).
b) Haberá tres clasificacións, Peixe-Boga, Carpa e Troita.
c) A Organización non se fai responsable de ningún accidente,
polo que se recomenda estar federado ou ter un seguro.
d) Cada participante ten a obriga de estar en posesión da
licencia de pesca fluvial vixente.
e) Cebos e capturas, serán rexidos polo Reglamento de Pesca.
f) A cuota da inscripción está fixada en 20 €. Xantar e Agasallos incluidos

PUNTUACION:
Troita: Por cada peza válida 250 puntos, máis un punto por gramo de peso.
Peixe-Boga: Por cada peza válida 100 puntos, máis un punto por gramo de peso.
Carpa: Por cada peza valida 100 puntos, máis un punto por gramo de peso.

CASO DE EMPARELLAR, RESOLVESE:
1º: O maior numero de pezas.
2º: A peza de maior peso.
Remate da Inscripción o día 25-Xuño
Información e Inscripcións nos teléfonos: 988-471597 – 626767750 e no e-mail: susopescador@gmail.com

CTO. PROVINCIAL DE SALMÓNIDOS MOSCA 2010

JUAN FERNÁNDEZ DO CLUBE ARENTEIRO CAMPEÓN PROVINCIAL 2010 DE SALMÓNIDOS MOSCA

No couto sen morte do rio Barbantiño díronse cita os representantes de 8 clubes da provincia.

Fran Rguez. Bejarano de Sport Ribeiro era segundo e Rubén Sánchez de Arenteiro terceiro.

Polo noso clube participaron 3 pescadores que non conseguiron puntuar.


O pasado Domingo celebrouse este campeonato no que participaron arredor de 20 pescadores da provincia, ocupando os primeiros postos os representantes dos clubes Arenteiro e Valdeorras, únicamente Fran Rguez. Bejarano de Sport Ribeiro foi capaz de facerlle frente conseguindo o 2º posto. Juan Fernández xa demostraba na manga matinal a súa habilidade conseguindo nada menos que 6 pezas que completaría con 2 máis pola tarde deixando así a victoria sentenciada. O segundo posto estivo máis disputado xa que Fran Rguez. e Rubén Sánchez conseguían 4 pezas cada un. O 4º e 5º posto ocupabano Emilio Rguez. e Miguel Iglesias de Valdeorras. A xornada estivo apacible con un caudal de auga máis ben baixo e o nº de capturas non estivo mal de todo con un total de 32 troitas de bo tamaño, a maior delas de 35,5 cm.

Pola nosa Agrupación Deportivo Natural participaron Fco. Javier Regueiro, César Fernández e Gabriel Fernández e ainda que non tiveron a mesma sorte que no provincial de lance, pasaron unha gran xornada de competición que como recalcaron o Delegado Provincial Ramón Acebes e o Xuiz Alfonsín se desenvolveu cunha gran deportividade e sen incidencias de ningún tipo o cal demostra o bo comportamento de tódolos participantes.

CLASIFICACIÓN FINAL [784 KB]

Fotos Barbantiño 06-06-10

Campeonato de España de Salmónidos Lance

Galicia acogió a los mejores pescadores de lance de España durante el fin de semana pasado

El río Tambre en los cotos de Chaian y Sigüeiro ofrecieron su mejor cara: 200 hermosas truchas

El extremeño, Víctor Gómez Vaquero, campeón de España; el manchego, Mario de la Fuente, subcampeón; el aragonés, Vicente Serrano, medalla de bronce

En el podium por Comunidades, Navarra, campeona; Castilla y León, subcampeona y Aragón, tercera


La 39ª edición del Campeonato de España de Salmónidos Lance, organizado por la Federación Galega de Pesca, a través de la Federación Española, y que se disputó desde el viernes 30 de Abril, al 2 de Mayo, en el río Tambre, en los cotos de Chaian y Sigüeiro, finalizó con el triunfo de, Víctor Gómez Vaquero, de la federación extremeña.

El segundo puesto de la general individual fue para el castellano manchego Mario de la Fuente, y completó el podio, el aragonés Vicente Serrano. Navarra se llevó la victoria entre las quince comunidades autónomas, que tomaron parte en una cita, y que se cerró con un gran éxito de capturas, unos 200 ejemplares, todos ellos devueltos a las aguas del Tambre, puesto que todas la competiciones oficiales son en la modalidad de “captura y suelta”.

La federación de Castilla y León finalizó segunda por equipos, mientras que la Aragonesa cerraba el podio. Los gallegos se situaron octavos. Los escenarios elegidos para la celebración del evento demostraron el buen momento por el que pasa el río Tambre, en tierras de A Coruña, que ofreció buenos ejemplares de truchas autóctonas, con excelentes libreas. La climatología fue buena pese a la lluvia en algunos momentos y la bajada de temperaturas del sábado y domingo.

Clasificación individual [266 KB] - Clasificación por selecciones [58 KB]

Desde a A.D. Natural queremos destacar a participación dun dos nosos socios Jose Manuel Santamaría Rey "Manel", que leva moitos anos na selección galega e que neste campeonato de españa finalizou no posto nº 50 dun total de case 100 pescadores. Non foi unha das súa mellores actuacións pero contribuiu ó 8º posto por equipos da selección galega. Manel quedou subcampión de España no 2007 sendo ese o seu maior logro deportivo ainda que esperamos que siga acadando grandes éxitos, Noraboa!

RESULTADOS CTO. SOCIAL SALMÓNIDOS LANCE

JOSÉ MANUEL DIÉGUEZ FREIJEDO CAMPEÓN DO SOCIAL DA A.D. NATURAL

O escaso caudal do río Avia fixo que os pescadores non conseguiran moitas capturas


O Couto de Ribadavia, foi o escenario elexido para o Concurso Social de ADN, na modalidade de salmónidos de lance, de onde saíron os catro representantes de esta sociedade para o Provincial de 2011. Participaron un total de 15 cañas que se disputaban as catro plazas nun horario de 9 a 13 horas, con un tempo primaveral, pero con escaso caudal do río debido a estar pechada a presa de Albarellos, o cal dificultou sobremaneira a práctica do lance con cucharilla ou mosca afogada. A demostración quedou patente na exigua pesca conseguida polos 15 representantes que tocaron a menos dunha captura por cabeza. Total 12 pezas, superiores a talla mínima exisida de 21 centímetros. Clasificación:

1º-José Manuel Diéguez-730 puntos
2º-Miguel Angel Fortes-688
3º-Roberto Quintairos-471
4º-Alfonso Varela-468
5º-Suso Martínez-366
6º-Ivonne Quintairos-342

Os 4 primeros serán os representantes de A.D.N. no Provincial de Salmónidos de 2011 quedando como reservas os seguintes clasificados. O campeonato finalizou cunha comida ENXEBRE, Polvo, carne o caldeiro, pan de Cea e viño do ribeiro, en compañía de amigos, un total de 28 comensais.
Fixeron entrega dos trofeos, o vicepresidente da Federación Galega de Pesca, José García García, o presidente do clube RIO VIÑAO, Herminio Fernández e o noso presidente de honra Suso Martínez Pereira.

Fotos

CTO. SOCIAL SALMONIDOS LANCE 2010

O vindeiro domingo 25 de Abril celebraremos no Couto de Ribadavia (Rio Avia) o Cto. Social de Salmónidos Lance no que poden participar os socios da A.D. Natural:

- Hai 15 plazas polo que se adxudicarán por riguroso orde de inscripción.
- Plazo de inscripcion ata o 23 de abril chamando ó 699 954 985.
- Concentración ás 8:00 h. na área recreativa de San Cristóbal. Pesca de 9:00 h. a 13:00 h.
- Xantar ás 14:00 h. no Bar Parque de Castrelo de Miño.
- Prezo: 12 € Permiso e comida incluidos. Pagaráse no momento da concentración

CTO. PROVINCIAL SALMONIDOS LANCE 2010

GRAN ACTUACION DA A.D. NATURAL NO CTO. PROVINCIAL DE SALMONIDOS LANCE

- Gabriel Fernandez e Cesar Fernandez quedaron en 3º e 4º lugar respectivamente clasificandose asi para o Cto. Autonomico do 2011
- O gañador foi Ramon Gonzalez Fabrega do clube Baños de Molgas por diante de Juan Luis Alvarez Peña do Arenteiro
- Participaron un total de 20 pescadores de 8 clubes da provincia

A nosa Agrupacion acudiu a este campeonato con 3 representantes, Francisco Losada, Cesar Fernandez e Gabriel Fernandez que fixeron un magnifico papel o conseguindo un 3º e 4º posto nun escenario sempre dificil como e o Couto dos Medos de Baños de Molgas. Nas mangas da maña soamente se pescou 1 troita de 19 cm. entre os 20 pescadores participantes o cal no era moi alentador de cara as mangas da tarde. A cousa mellorou algo pero pouco xa que pola tarde ningun conseguia superar a cantidade de 1 peza polo que a medida das mesmas foi determinante de cara a clasificacion final. Ramon Gzlez. Fabrega demostrou unha vez mais a sua experiencia e palmares conseguindo a peza maior de 23 cm. que lle daria a victoria, por detras del outro gran competidor Juan Luis Alvarez capturou unha troita de 22 cm., o 3º posto foi para Gabriel Fdez. con 21,6 cm. que despois de varios anos intentandoo conseguia asi trofeo e a clasificacion para o autonomico. No 4º lugar quedou Cesar Fdez. con 21 cm. que demostrou a sua progresion xa que era a 1º vez que participaba nun cto. provincial desta modalidad. Estes catro pescadores se non hai cambios na normativa estan clasificados para o Cto. Autonomico do 2011.

Clasificacion final:

1º Ramon Gzlez. Fabrega: C.P. BAÑOS DE MOLGAS- 12,5 ptos.
2º Juan Luis Alvarez Peña: ARENTEIRO- 13,5 ptos.
3º Gabriel Fernandez Vazquez: A.D. NATURAL- 14,5 ptos.
4º Cesar M. Fernandez Gil: A.D. NATURAL - 15,5 ptos.
5º Miguel Corcobado: A.D. PESCA FLUVIAL - 16,5 ptos.
6º Francisco Rodriguez Bejerano SPORT RIBEIRO- 16,5 ptos.

Fotos

NOVOS TRAMOS LIBRES DE PESCA SEN MORTE NO RIO AVIA

Para esta tempada haberá dous novos tramos libres de pesca sen morte no río Avia que son os seguintes:

TRAMO 1: 1, 9 Km. en Pazos de Arenteiro
Límite Superior: Restitución da central eléctrica de Albarellos (Boborás)
Límite Inferior: Desembocadura do regueiro que nace cabo da igrexa de Serantes e xunta co río Avia en Volta de Valfrío (Leiro)

TRAMO 2: 0,8 Km. en Ribadavia
Límite Superior: Presa da Veronza, cabo da desembocadura do rego Maquiás
Límite Inferior: Ponte do ferrocarril

Deste xeito o tramo que existía ata o de agora no Concello de Ribadavia entre a presa do muiño de San Cristovo e a presa da Veronza queda libre.

CAMPEONATOS DA A.D. NATURAL PARA 2010

- XIV Concurso de Pesca do Ribeiro e Xuntanza de Pesc@s Galeg@s: 27 de Xuño

- II Open de Carpa do Ribeiro: 22 de Agosto


Proximamente publicaremos os programas de estes dous eventos así como as datas dos concursos sociais da Agrupación Deportivo Natural.

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA DA FGP

Celebrouse a Asamblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Pesca sacando
adiante todos os puntos da orde do día.


Onte reuniuse a Asamblea que discurreu cordialmente e sen incidencias, debatindo as cuestións a tratar e na que se aprobaron as contas do 2009 e orzamento para 2010, así como o calendario deportivo.

A asamblea comezou coa lectura da acta da sesión anterior que foi aprobada por unanimidade, polo que a continuación o presidente procedeu a informar da xestión realizada durante o 2009 e en xeral dende o ano 1996 cando accedeu á Presidencia destacando a superación dunha díficil situación económica e deportiva que había naquel momento e conseguindo chegar a día de hoxe a organizar máis de 40 competicións oficiais incrementando progresivamente o nº de modalidades, participación en Ctos. de España acadando resultados destacados incluso a nivel internacional, realización de diversas accións formativas, incrermento do nº de clubes afiliados e multiplicación do nº de licencias por 16...

As contas do 2009 e o orzamento para o 2010 foron aprobados por unanimidade xa que presentaron un balance moi positivo con unha situación saneada e boa liquidez demostrando a eficiente xestión económica realizada. Cabe destacar o debate da proposta da Xunta Directiva de subir o prezo das licencias federativas xa que era moi reducido po-lo que finalmente foi aprobada tras a votación correspondente, quedando fixadas en 15 € e 5 € para adultos e infantís respectivamente.

Tamén se aprobou o calendario deportivo para 2010 que como novidade presentaba a ampliación dos campeonatos autonómicos e selectivos de salmónidos de 2 a 4 mangas, po- lo que se realizarán en 2 días de competición. Tamén destaca que se organizará o Cto. de España de Salmónidos lance no Rio Tambre (Coutos de Sigüeiro e Chaian) en colaboración coa Sociedade A Venatoria de Santiago coincidindo co Xacobeo 2010.

Ademáis informouse da participación prevista das seleccións galegas nos diferentes Ctos. de España e debatiuse en canto a organización dos ctos. provinciais de salmónidos que se disputan a 2 mangas, sobre a posibilidade de realizar una manga compensatoria coa clasificación por nº total de pezas, aprobandose realizar una consulta vinculante á Federación Española de Pesca y Casting, para aclarar si é posible ou non.

A xornada rematou con unha excelente comida de compañeirismo no restaurante de As Bridas (Lugo) .

CTO. AUTONÓMICO MAR-COSTA 2009

Antonio Calvo Fernández, representante de A Coruña, campeón autonómico

Celebrouse o sábado 12 de Decembro na Praia de Barra (Cangas do Morrazo)
Poucas capturas pese a presentarse unha mar serena e boa climatoloxía
Os lucenses, Pablo Rodríguez Castro e Alberto Pena López, segundo e terceiro, acompañarano ó Campeonato Selectivo de Galicia.


A tarde do sábado 12 de Decembro presentabase maxistral, excelente para a pesca, moi serena pero os peixes non quixeron sumarse á festa galega, deslucindo a competición máis esperada po-los mellores pescadores desta especialidade clasificados nos seus respectivos campeonatos provinciais. Son as cousas da mar e da pesca. O final conseguironse capturas, anque poucas para a calidade dos pescadores. Algunhas fanecas, linguados… pero de escasas dimensións. Poucas capturas diron a medida reglamentaria.

O máis importante de todo o Autonómico foi a camaradería e compañeirismo que reinou dende as 15,30 horas momento da reunión de Delgados e da entrega de documentación, que foi no HOSTAL “O CANIZO” de Nerga en HIO (Cangas do Morrazo)

Tra-la concentración de todos os participantes, ás 17 horas iniciouse a primeira manga de pesca, para ás 20 horas finalizar a mesma. Media hora máis tarde inicouseó a segunda manga, non sin antes “meterse” os pescadores uns bocatas e bebidas ofrecidos pola Federación Galega de Pesca. A competición finalizou ás 23,30 horas para, a continuación ter lugar a clasificación e entrega de trofeos no mesmo lugar de concentración no Hostal “O Canizo”, anque non con mesa e mantel por medio. ¡A crisis!

Participaron un total de 28 pescadores que o fixeron co mesmo tipo de cebos, entregado pola organización tras o sorteo de postos.

PARTICIPANTES POR PROVINCIA:

A CORUÑA…………………. 10 DEPORTISTAS
LUGO ……………………....... 4 DEPORTISTAS
OURENSE ………………....... 4 DEPORTISTAS
PONTEVEDRA …………..... 10 DEPORTISTAS

CLASIFICACIÓN AUTONÓMICO MAR-COSTA

1º.- Antonio Calvo Fernández (A Coruña), 5 puntos
2º.- Pablo Rodríguez Castro (Lugo), 17 puntos.
3º.- Alberto Pena López (Lugo), 18 puntos.
4º.- Rubén Castelos Díaz (A Coruña), 18,5 puntos.
5º.- Ramón Oliveros Yáñez (Lugo), 19 puntos.
6º.- Francisco Fernández Méndez (Lugo), 19,5 puntos.
7º.- Resto de participantes al no conseguir ninguna captura en las dos mangas.


Os tres primeiros clasificados loitarán no Cto. Selectivo de Galicia por clasificarse para o Campeonato de España de Pesca Mar-Costa 2010.

CTO. PROVINCIAL MAR-COSTA 2009

GABRIEL FERNÁNDEZ SUBCAMPEÓN PROVINCIAL DE MAR-COSTA

Miguel Fernández García do clube Librea proclamuse campeón e capturou a peza maior, unha lubina de 1.750 gr.

Un total de 15 ourensáns competiron na praia de Major en Sanxenxo contra vento e marea literalmente

O pasado sábado o noso presidente Gabriel Fernández conseguiu o 2º posto no provincial de mar-costa gracias á captura dun linguado de 308 gr. baixo unhas condicións metereolóxicas que complicaron moito a pesca, tanto que tan só conseguiron capturas válidas os dous primeros e eso que se buscou un escenario máis favorable que o inicialmente previsto da praia de A Lanzada, tendo que ir a praia de Major. A victoria foi para Miguel Fernández con duas lubinas e un sargo alcanzando un peso de 2.750 gr. gracias sobre todo a unha das lubinas con 1.750 gr. Para elexir o resto de clasificados e reservas para o vindeiro Cto. Autónomico realizouse un sorteo do que sairon elexidos Antonio Cortés de O Peixe e Francisco Rguez. Bejerano de Sport Ribeiro como 3º e 4º clasificados. Será o vindeiro día 12 de Decembro cando competirán no Cto. Galego na praia de Nerga en Cangas onde intentarán deixar o mais alto posible á provincia de Ourense, sorte a todos!

A expedición da A.D. Natural completarona Delmiro Freijido e César Fernández, e como acompañantes Fco. Javier Rivera e o noso presidente de honra Suso Martínez que fixo a entrega dos trofeos os tres primeiros clasificados.

Clasificación

RESULTADOS I OPEN DE CARPA DO RIBEIRO

MIGUEL BUENO TURIENZO DE VIGO GAÑA O I OPEN DE CARPA DO RIBEIRO

Anque finalmente o tempo non foi tan malo as capturas foron escasas e soamente conseguiron puntuar 3 pescadores de un total de 42 participantes.

En segundo lugar quedou Roi Juan López Muriel de Pesca Sport Ribeiro

O terceiro lugar foi para Luis de Saá Corbillón da nosa A.D. Natural


A xornada de pesca transcorreu con un gran ambiente e compañeirismo e tras a pesaxe realizuse unha comida na que se entregaron os trofeos para os 3 primeiros clasificados e para ás únicas participantes de categoría infantil Verónica Portabales e Cristina Portabales. Os cinco trofeos restantes sortearonse entre os demáis participantes. Para os que non conseguiron premio entregouse unha medalla conmemorativa, polo que todo o mundo resultou agraciado levandose un grato recordo deste I Open de Carpa do Ribeiro.

Dende a Agrupación Deportiva Natural queremos agradecer públicamente a colaboración do Concello de Castrelo de Miño así como da Federación Galega de Pesca e do Clube Náutico Castrelo de Miño.

A clasificación quedou do seguinte xeito:

1º Miguel bueno Turienzo: 4.000 puntos
2º Roi Juan López Muriel: 3.250 puntos
3º Luis De Saá Corbillón: 1.300 puntos

!Gracias a tódolos participantes¡

FOTOS

I OPEN DE CARPA DO RIBEIRO

PROGRAMA
ZONA DE PESCA: ENCORO DE CASTRELO DE MIÑO
TRAMO DE PESCA:
DENDE A DESEMBOCADURA DO REGATO DE ALONGOS (PARTE SUPERIOR)
ATA A PRESA PARTE (INFERIOR) POR AS DUAS BANDAS
HORARIO:
08,00- CONCENTRACION PARTICIPANTES no recinto do Club Náutico.
09,00- INICIO DA COMPETICION.
13,00- REMATE DA COMPETICION.
13,30- RECONTO, PESADA E PUNTUACION DAS PEZAS “PILLADAS”.
No recinto do Club Náutico.
14,30- XANTAR DE IRMANDADE no Bar “Parque”
16,30- ENTREGA DE TROFEOS.
17,30- REMATE DO I OPEN DE CARPA DO RIBEIRO.
TROFEOS:
PARA OS DEZ (10) PRIMEIROS CLASIFICADOS.
BASES:
a)-A participación será libre. (Aberto a todo Pescador@)
b)-Cebos, serán os autorizados polo Reglamento de Pesca Fluvial vixente.
c)-Cada participante ten a obriga de estar en posesión da licencia de pesca.
d)-A organización non se fai responsable de ningún accidente, polo que se
recomenda estar federado ou ter algún seguro
e)-Cuota de inscrición fixada en 20 € con agasallos e xantar incluido.
PUNTUACIÓN:
Por cada peza 100 puntos mais un (1) punto por gramo de peso.
EN CASO DE EMPARELLAR RESOLVESE:
1º- O maior numero de pezas.
2º- A peza de maior peso.
NOTA: O PECHE DA INSCRICION E O DÍA 03-11-09
INSCRICIÓN E INFORMACIÓN:
TLF.:699954985-626767750. susopescador@gmail.com e gabriel@adnpescaribadavia.es
ORGANIZA: Agrupación Deportiva Natural de Pesca-Ribadavia

MARATÓN DE PESCA POR PARELLAS

1º Maratón de pesca por parellas en A Rúa de Valdeorras.

O vindeiro día 25 de Outubro celebrarase no encoro de San Martiño, na localidade de A Rua de Valdeorras a primeira maratón de pesca por parellas. A proba dará comezo ás 10:00 da mañan e rematará ás 18:00 da tarde e as especies a pescar serán ciprínidos.

A normativa será a seguinte:

A hora de concentración de pescadores e sorteo de postos será ás 8:00 do domingo 25 de outubro de 2009 no lugar habitual ao lado do encoro. A cuota por parella é de 50 €, dos cales unha pequena parte é para a comida e a maioría para premios. Os premios consisten en material de pesca, canas, carretes e demáis. Inicio da proba ás 10:00, 5 minutos antes pitarase para o cebado intensivo. Pesca 2 horas seguidas cada compoñente da parella, de 10 a 12 pescador A, de 12 a 14 pescador B, de 14 a 16 pescador A, de 16 a 18 pescador B. O pescador que non esté pescando pode axudar ao seu compañeiro en todo (preparar líneas, canas, engodos, etc.); o único que non pode facer é axudarlle a sacar os peixes coa sacadeira ou suxeitándolle a cana que este en ese momento en acción de pesca. A comida será ao lado do escenario, na chopeira; a base de churrasco, con 2 turnos para comer: de 13 a 14 para os que non pescan de 12 a 14, e de 14 a 15 para os que non pescan de 14 a 16. A pesaxe efectuarase nos propios postos, valorándose como de costume 1 gramo = 1 punto. Despois de pesar deberá conservarse a pesca no rexón (cando menos as pezas maiores) ata que se avise, pois en caso de empate a puntos gaña o que teña a peza maior. Rogase os participantes deixar os postos limpos de basura o acabar a competición. Podese apuntar só a comida quen quiera, pagando 10 € por persoa.

O prazo de inscrición remata o día 22-10-2009 ás 22:00, ou cando se completen os 30 postos dispoñibles. Teléfonos para apuntarse: 678726603 - 679310992

SOLICITUDE PERMISOS 2010

O 30 de setembro remata o prazo de inscripción nos sorteos para obter os permisos de pesca en coutos 2010

O pasado día 8 de setembro publicouse no DOGA a resolución coas normas para o sorteo e venta dos permisos de pesca en coutos para a tempada 2010. O prazo de inscripción para participar nos sorteos remata o vindeiro día 30 de setembro ás 14:00 h. e pode facerse via web a través da páxina https://www.xunta.es:444/pescafluvial/ ou por escrito presentando o seguinte formulario [123 KB] .

Resolución do 5 de agosto de 2009, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se fixan as normas dos sorteos e da venda de permisos de pesca en coutos para a tempada 2010. [39 KB]

RESULTADOS V OPEN CARPA VALDEORRAS

En el embalse de San Martiño de A Rúa V OPEN CARPA VALDEORRAS

Modesto Andrés García, del Club de Pesca Valdeorras, campeón senior.

Francisco José Barrio, del Club de Pesca Valdeorras, campeón infantil.

Gabriel Fernández Vázquez, del Club ADN de Ribadavia, pieza mayor, con una carpa de casi 5 kilos.

Se capturaron carpas con un peso superior a los 120 kilogramos.

El día amaneció agradable para la práctica de la pesca, por lo que todo debía salir bien y tanto que salió. El V Open de Carpa Valdeorras, celebrado en A Rúa, en el embalse de Santo Martiño, en aguas del río Sil, provincia de Ourense límite con El Bierzo leonés, fue un rotundo éxito de participación y pesca. Vamos, el concurso brilló tanto como “Don Lorenzo” que, en muchas ocasiones, hostigó a pescadores y admiradores pero, el agua fresca, las cervezas, refrescos y el vino de la tierra, junto con unos pinchos, a media mañana, hicieron que los calores fuesen más llevaderos.

Jornada pesca comenzó a las 9,30 horas, para finalizar a las 13,30 horas.

Participaron varios Clubes de la Provincia de Ourense, con un total de 50 pescadores.

Clasificación Infantil

1º-Fco. José Barrio Bega: 4,180 Puntos o Kilgrs de Peso
2º-Iván Méndez Fdez: 3,780 " " " " " "
3º-Patricia Luís Araujo: 2,440 " " " " " "

Clasificación Senior

1º-Modesto Andrés García: 13,700 Puntos o Kilgrs de Peso
2º-Jesús López Delgado: 10,900 " " " " " "
3º-Fernando Fidalgo Martínez: 8,640 " " " " " "

Pieza Mayor, con 4,920 Kilogramos, capturada por Gabriel Fernández Vázquez, de A.D.N. de Ribadavia.

Total peso capturas seniors: 109,748 Kilogramos.
Total peso capturas infantiles: 12,141 Kilogramos.

La entrega de trofeos se celebró tras una buena jornada gastronómica que tuvo lugar en el Restaurante Marisquería PEYMA da Rúa, donde el compañerismo fue la nota dominante de un día de fiesta pesquera que se repetirá el próximo año.

RESULTADOS XIII XUNTANZA DE PESCOS GALEGOS

OS MELLORES PESCOS DE GALICIA DIRONSE CITA EN RIBADAVIA NO XIII CONCURSO DE PESCA DO RIBEIRO

Éxito sen precedentes con máis de 100 participantes de 15 clubes nas diferentes categorías.

De gran éxito se pode calificar o XIII Concurso de Pesca Do Ribeiro, celebrado este domingo pasado na localidade de Ribadavia (Ourense). Máis de cen participantes demostran duas cousas: Unha, que a Suso Martínez Pereira, alma “mater e pater” deste evento, quereno en toda Galicia. E duas, que o acontecemento atrae aos pescos pola súa singularidade, armonía e boa pesca demostrada nas tres categorías.

En troita o vencedor foi José Luís García Martínez con 5 pezas, en Peixe-Boga, o mellor foi o local Delmiro Freijido Hermida con 66 pezas e en Carpa, o gañador foi Marcos López Rodríguez con 8 pezas. En total foron máis de 700 pezas as capturadas sobresaíndo unha troita de 1.090 gramos, capaturada por José Rabuñal, campeón autonómico pertencente o Club Londra de Rois. E que o nivel foi altísimo coa presencia de varios membros da selección galega que puxeron as cousas difíciles aos pescos do clube organizador que a pesar delo destacaron clasificándose entre os mellores de cada modalidade sendo Delmiro Freijido Hermida campeón en Peixe-Boga e Jose Manuel Dieguez 3º en Carpa. En troita Gabriel Fernández conseguía o 8º posto e Luis De Saá o 9º.

En canto a organización do concurso pouco se pode decir que non sexan eloxios en todo-los sentidos. O Clube ADN de Ribadavia, supo compaxinar normas con actitude positiva e de amistade, desenvolvendose sen incidentes de ningún tipo, dentro dunha simpatía única, a mesma que sabe expresar Suso coa súa bondade e bo facer. Entregaronse trofeos aos 10 primeros clasificados de cada modalidade e 20 medallas a todos-los nenos-as e señoras participantes na competición de pesca que no apartado infantil colmou de satisfacción a organización cun bo número de participantes, semente para o futuro da pesca.

En definitiva, unha extraordinaria festa da pesca en Ribadavia, que cada ano que se celebra vai a máis. Por algo será.

PARTICIPACIÓN E RESULTADOS [317 KB]

XIII XUNTANZA DE PESCOS GALEGOS

O XIII CONCURSO DE PESCA DO RIBEIRO ESPERA A MÁIS DE 100 PARTICIPANTES

Mañan domingo, día 28 de Xuño celebrarase, na localidade de Ribadavia “A Xuntanza de Pescos 2009”.

Este acontecemento acapara a atención dos pescos galegos e foráneos que plagarán de alegría e colorido as ribeiras dos ríos Avia e Miño. Dende a Agrupación Deportiva Natural de Ribadavia confirmamos unha inscrición superior o centenar de participantes de diferentes clubes de toda Galicia, o que supón a edición más concurrida nos 13 anos de historia deste concurso que se convirte así no concurso aberto máis importante de toda a comunidade. Acudirán os mejores pescos de Galicia, entre eles varios membros da Selección Galega de pesca deportiva. O evento conta co apoio dos Concellos de Ribadavia, Beade e Leiro así como de numerosas entidades privadas da comarca.
Existirán tres modalidades de pesca: Troita, Peixe-boga e Carpa que se podrán pescar seguindo a normativa vixente de pesca fluvial. O tramo de pesca será a zona libre dos ríos Avia e Miño. Existirán máis de 30 trofeos para os dez primeiros clasificados de cada modalidade e outros 30 agasallos ademáis de paquetes de cucharillas EDU para os afeccionados que participen nesta especialidade.
Todos os pescadores se concentrarán, ás 8 horas no Bar Campeón (Beade). O horario de competición será de 9 a 13 horas. A pesaxe realizarase ás 13,30 horas. As 14,30 horas celebrarase a comida e a continuación a entrega de trofeos e agasallos.

A inscrición será de 20 € por pescador, na que se inclúe a comida e agasallos. Inscricións que se poden realizar en:
Teléfonos 626 767 750 e 988 471 597 ou por e-mail a: susopescador@gmail.com

Cto. provincial salmónidos mosca 2009

Este domingo pasado disputouse no couto sen morte do rio barbantiño o campeonato provincial de salmónidos mosca. Os grandes dominadores foron os pescadores das sociedades de Valdeorras e Arenteiro.

O vencedor foi Diego Rodríguez Ramos (Valdeorras) por diante de Rubén Sánchez (Arenteiro) e de Fran Rguez. Bejarano (Sport Ribeiro). A xornada presentouse chuviosa e a primeira hora o rio baixaba moi turbio pero posteriormente foron mellorando as condicións o que permitiu que as capturas foran saindo, sobre todo pola tarde, e gracias a modalidade de ninfa xa que a mosca seca era imposible. Participaron un total de 20 pescadores de 7 clubes de toda a provincia e os 5 primeiros clasificados representarán a provincia no autonómico do 2010. A próxima cita para a nosa Agrupación Deportiva Natural será o noso social, a Xuntanza de pescos galegos o vindeiro 28 de xuño no que esperamos unha gran participación asi que pronto anunciaremos as novidades deste ano.

CLASIFICACIÓN [93 KB]

Para ver unha reportaxe sobre o campeonato en http://pescarmona.blogspot.com

Cto. Galego salmónidos lance 2009

Este domingo disputase no couto de Rois o campeonato autonómico da modalidade de salmónidos lance. Ao mesmo acudirán varios pescadores do Ribeiro entre eles un membro da nosa A.D. Natural Delmiro Freijido Hermida "Cholo" que se clasificaou tras quedar segundo no provincial 08 no que competiu pola Agrupación Deportiva Fluvial de Ourense. Dende aquí desexamoslle moita sorte e publicaremos fotos e resultados do campeonato.

Cto. provincial salmónidos lance 2009

O pasado Domingo 19 de Abril disputouse o cto. provincial de Ourense na modalidade de salmónidos lance. O escenario foi o couto de Os Medos no curso alto do río Arnoia e cumprironse as peores expectativas dadas as condicións metereolóxicas a estas alturas da tempada. O balance de capturas foi moi pobre xa que etre os 24 participantes soamente se capturaron 7 troitas e ningún pescador conseguiu máis de unha así que o gañador que foi Martín Fernández do clube Arenteiro dilucidouse polo tamaño da captura. Para os tres representantes da nosa sociedade non foi posible conseguir ningunha captura. A próxima cita será para Delmiro Freijido Hermida que participará no Cto. Galego o próximo día 10 de Maio en Rois, tras haberse clasificado no provincial da tempada pasada así que lle desexamos moita sorte.

CLASIFICACIÓN [46 KB]

Para ver unha reportaxe sobre o campeonato en http://pescarmona.blogspot.com

Primeiras capturas da tempada

Os socios da nosa AD Natural xa comenzaron a facer pescatas nos rios do ribeiro e dende aquí queremos destacar as capturas máis salientables. Ata o de agora Luis Éstevez foi o que conseguiu a peza maior, unha troita de máis de 1,5 Kg. pescada na Veronza de Ribadavia con miñoca. Dias despois era César Fernández o que sacaba outra de 1 Kg. esta vez con peixe artificial no mesmo lugar e que podemos ver na foto. Non nos olvidamos de Suso que está tempada xa leva preto de 20 troitas pescadas todas elas como non na Veronza, xa facía anos que non pescaba tanto!

Dende aquí daremoslle difusión as capturas dos nosos socios así que animamos a todos que nos envien as fotos das súas xornadas de pesca.

CAPTURAS SOCIOS 2009

Comenzo da tempada de competición

O pasado día 10 de Abril, venres santo, comenzaba a tempada de competición para a Agrupación Deportivo Natural no río Rois a donde nos desprazamos tras ser invitados polo clube Londra para participar no VI Campeonato de pesca fluvial Concello de Rois. O campeonato disputouse baixo a modalidade de pesca sen morte e as capturas foron escasas (12) dadas as malas condicións metereolóxicas do día. A clasificación final foi a seguinte:

1º- JOSÉ LUIS BLANCO GONZÁLEZ.
2º- JOSÉ EIRAS RODRÍGUEZ.
3º- JOSÉ MARÍA BLANCO OTERO.


O próximo día 19 de Abril disputase no Couto de Os Medos o Cto. Provincial de salmonidos lance ao que acudirán tres representantes da nosa agrupación coa intención de mellorar os resultados acadados o ano anterior no río Avia.
A concentración será a partir das 7,30 horas, en Baños de Molgas, "Hotel Ansuiña"

O campeonato desenvolverase na modalidade "sen morte", con culleriñas de un só anzol e mosquito afogado en aparello de tres moscas máximo, con arponciño, e buldó.

Haberá duas mangas de pesca, subdivididas en duas fases: de 9 a 11 e de 11,30 a 13,30 horas, pola mañan, e de 16 a 18 horas e de 18,30 a 20,30 horas, pola tarde.

Rexirán as normas da Federación Galega de Pesca para o sistema de clasificación e desempates si os houbese. Os propios participantes exercerán de control, que de forma alternativa e por sorteo previo, actuarán de participantes e control.

OS SEIS PRIMEIROS CLASIFICADOS REPRESENTARÁN A PROVINCIA DE OURENSE NO CAMPEONATO AUTONÓMICO DO 2010.

Fotos Rois 2009

Permisos para coutos de Galicia 2009

O día 7 de xaneiro comenzan os turnos de escolla de permisos para a pesca de salmón no único couto da provincia, o de Frieira. Neste couto expidense un máximo de 4 permisos ó día excepto os xoves que é día inhabil e a tempada estendese dende o 1 de maio ó 31 de xullo.

En canto os coutos de troita será a partir do 16 de xaneiro cando se comenzará a escoller os permios según o orde obtido no sorteo. A tempada de pesca de troita está previsto que escomece o día 15 de marzo e ata o 15 de agosto.

Toda a información sobre este proceso en:

http://www.xunta.es:444/pescafluvial/index.php