ADN Pesca Ribadavia
A agrupación deportivo natural de pesca é a mais antiga asociación de pesca en activo do Ribeiro xa que leva rexistrada dende setembro do 1992 tendo como promotor e 1º Presidente a D. Eloy Soto ata o ano 96 cando por desgracia faleceu. A partires deste momento a coa teima de continuar a súa labor D. Jesús Matinez Pereira, conocido por todos como "Suso", asumiu a presidencia ata hoxe e durante todos estes anos promocionou a pesca deportiva de competición e de ocio, asi como os encontros entre os pescadores de toda Galicia xa que dende o ano 97 organizou con gran esforzo o Concurso de Pesca do Ribeiro que hoxe é un dos mellores de Galicia e no que se reune ano tras ano máis de 100 pescadores. Entre os socios sempre estiveron e estan os mellores pescadores do Ribeiro que levan conseguido moitos éxitos deportivos. Ademáis somos unhos grandes defensores das nosas especies autóctonas e dos ríos do Ribeiro, sobre todo o noso Avia, referente da pesca da troita onde aprendemos e vivimos os nosos mellores momentos de pesca e amizade.




